Gran festa para recibir aos Reis Magos

A emoción pola chegada dos Reis Magos embarga xa aos nenos de Tordoia, que contan os días para ver chegar a Melchor, Gaspar e Baltasar ao seu municipio e comprobar que o seu bo comportamento tivo os seus froitos en forma de regalos.
O vindeiro 5 de xaneiro, os Magos de Oriente chegarán ao municipio, polo que farán un percorrido. A partir das 17.00 horas comezará unha gran festa no polideportivo do CPI Pecalama, na que non faltarán os obradoiros de artesanía, os xogos e a música para animar ao público.
Os asistentes poderán falar cos Reis Magos antes de coñecer que regalos lles deixarán esa noite nas súas casas. Todos os rapaces que acudan á festa de Nadal recibirán das mans do seu Rei un pequeno agasallo.
O municipio de Tordoia prepárase xa para o día máis importante do ano para moitos veciños de todas as idades.

Tags: