Gran festa de Reis no pavillón de Visantoña

O 5 de xaneiro terá lugar, un ano máis, a visita dos Reis Magos a Mesía. Será de 16.30 a 20.00 horas no pavillón de Visantoña e alí haberá unha gran festa con inchables, xogos, obradoiros e degustación de roscón de Reis. É necesario anotarse na Casa da Cultura para que os Reis poidan organizar a súa visita.

Tags: