Domingos de música tradicional

O mes de decembro chega cargado de actuacións de teatro e música á Casa da Cultura do Pino.Despois das representacións teatrais os pasados domingos 6 e 13 —“Tacóns na corda” e “Vellos, vellas e outras lerias”—, tócalle o turno á música máis tradicional. O domingo 27 de decembro a partir das 19.00 horas terá lugar a actuación da Banda de Música de Arca, que interpretará o seu Concerto Tradicional de Nadal.
Por outra banda, o domingo 3 de xaneiro, tamén ás 19.00 horas, o Coro Parroquial de Santa Eulalia de Arca deleitará ao público co seu concerto “Cantos populares en familia”, no que interpretarán cancións coñecidas por toda a sociedade.
Desta maneira, o Concello de O Pino quere impulsar a música tradicional e dar valor ás formacións musicais ubicadas no municipio.

Tags: