O Concello lanza o II Taller de Redes Sociais para comerciantes

Cerceda pon en marcha a segunda edición do “Taller de Redes Sociais e Marketing Dixital para Comerciantes”, un obradoiro para que os empresarios rendabilicen os seus negocios a través de ferramentas como Facebook, Twitter, Instagram ou Youtube.

O curso consiste nun taller de marketing online social media para os comerciantes e emprendedores, co que poderán coñecer accións de promoción e difusión dos seus produtos. Levarase a cabo os venres 22 e 29 de xaneiro e 5 e 12 de febreiro, de 20.30 a 22.00 horas na aula de informática do Centro Cívico. Os interesados en participar neste curso poden inscribirse nas oficinas do Concello de Cerceda do 2 ao 20 de xaneiro.

Tags: