Maxia, artesanía e festa en Viaño Pequeno

O Nadal chega cargado de actividades culturais e educativas en Trazo, con obradoiros de artesanía e espectáculos. Un deles será o show de maxia de Dani García titulado “Volta á maxia”, que terá lugar o vindeiro 30 de decembro no centro social polivalente de Viaño Pequeno.
A actuación do mago ten entrada libre e fará gozar tanto a nenos como adultos en horario de 17.00 a 18.00 horas.
O día antes do espectáculo máxico, o luns 28, o centro de Viaño Pequeno encherase de materiais de manualidades para elaborar adornos de Nadal nun obradoiro, que se desenvolverá desde as 17.00 ás 20.00 horas. Para apuntarse nos obradoiros é preciso anotarse no Concello ou no teléfono 981 689 001.O martes 29 de decembro celebrarase, tamén en Viaño Pequeno, unha gran festa de Nadal na que haberá xogos populares, música e moitas, moitas risas.

Tags: