O 2016, cargado de excursións

O goberno municipal xa lanzou a súa programación de viaxes para os primeiros meses de 2016, cos que os maiores de Cerceda poderán disfrutar de distintos lugares galegos.A primeira excursión será a Lourenzá (Lugo) o día 23 de xaneiro, para a que os interesados poden inscribirse ata o 22 de decembro.
Máis adiante virán os desprazamentos á Chabasqueira (Ourense), Viveiro (Lugo) e Fisterra (A Coruña), para os que haberá que anotarse en Servizos Sociais. Todas as viaxes teñen un custo de 22 euros.

Tags: