Cursos de cociña con temática de Nadal

O Concello programa para estas vacacións varios cursos de cociña coa temática dos pratos de Nadal. Con eles, os alumnos aprenderán as técnicas básicas de cociñado e ademais poderán practicar para elaborar os seus menús nestas festas.

Haberá catro grupos: os dous primeiros os días 22 e 23 de decembro, un en horario de 17.00 a 18.30 e outro de 18.30 a 20.00. Os destinatarios destes grupos son os nenos a partir de 7 anos.Os dous seguintes grupos serán formados por adultos e terán lugar os días 29 e 30 de decembro, un de 17.00 a 18.30 horas e outro de 18.30 a 20.00 horas. Desde o Concello de Trazo sinalan que as prazas son limitadas e que os interesados deberán inscribirse nas oficinas da casa consistorial.

Tags: