O raxo do Al Alba, rei do concello

A raxería Al Alba e o seu “Solombo con salsa demiglace” repetiu triunfo na segunda edición do concurso “De tapas por Frades”, organizado polo Concello.
A iniciativa resultou todo un éxito e, segundo o goberno local, mellorou os resultados da primeira edición, xa que o número de participantes no sorteo ascendeu a 294 persoas, un 63,4% máis que en 2014. O alcalde fradense, Roberto Rey, amosouse moi satisfeito co desenvolvemento do concurso e agradeceu o esforzo dos oito locais participantes.
O segundo premio foi para o Bar Vilariño, nesta ocasión polo seu “Revolto de chourizo”. O primeiro clasificado obterá 300 euros e unha placa conmemorativa e o segundo 150 euros.

Tags: