O informe do PXOM, antes de fin de ano

Patrimonio comprométese a emitir antes de fin de ano o informe sobre o PXOM de Frades. Esa é a conclusión da reunión mantida entre o alcalde fradense, Roberto Rey, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez, co obxectivo de analizar o estado de tramitación do informe do Plan Xeral.
“Despois das correccións realizadas agardamos que o informe sexa favorable, polo que unha vez superado o informe medioambiental poderiamos facer a aprobación provisional do PXOM de Frades no primeiro trimestre de 2016”, afirma Rey.
O Plan Xeral do municipio, afirman desde o Concello, regulará o crecemento de Frades tanto no rural, con iniciativas cada vez máis abondosas neste terreo, como no urbano, cunha presión urbanística moderada.

Tags: