A XXVI edición de Expomar xunta máis de 100 standas

A XVI feira monográfica náutico pesqueira Expomar celebrarase do 14 ao 17 de maio na nave de redes. O alcalde e presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia, subliñou que por primeira vez se superan os 100 expositores e as 300 firmas comerciais presentes no evento. Está previsto que a feira sexa inaugurada pola conselleira do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana Carballo e clausurada polo conselleiro de Economía, Francisco Conde.
Hai novidades importantes con respecto a outras edicións, que se centran fundamentalmente en aspectos de aplicación das novas tecnoloxías, de innovacións técnicas e tecnolóxicas ao mundo da pesca: o uso da banda ancha para as comunicacións, xa que agora os barcos teñen que transmitir moitos datos a terra antes de chegar a porto; e unha exhibición de drones vinculados coa construción naval. “Creo que estes aspectos, xunto con outros que van chegar fundamentalmente en canto á seguridade, son cuestións que hai que ter en conta para vir a Burela durante estes días”, dixo o alcalde. 
Barcia tamén reivindicou que  “como alcalde teño moi claro que Burela ten vivido do mar, vive do mar, pero quere seguir vivindo do mar e, polo tanto, apostamos decididamente polo apoio ao sector pesqueiro”.

 

Tags: