Reconstrucción do Faro

O día 4 empezou unha nova fase da reconstrución do faro de Burela. Estanse a colocar os moldes e comezouse a botar o formigón. O discorrer dos vindeiros días dependerá do estado da mar e o vento. O alcalde considera que a figura do novo faro será unha realidade para as festas patronais deste 2015. “Aínda que a totalidade da obra non estea rematada unha parte moi importante si que estará lista”, asegurou.

Tags: