Xa está aquí o Entroido

O vindeiro 7 de febreiro terá lugar o XVIII Concurso de Disfraces, no que poden participar todos aqueles que o desexen, coa condición de que se anoten na Praza do Concello ese mesmo día a partir das 17.00 horas. O certame comezará ás 17.30 nesa mesma praza, en Arca.
Todos os rapaces de ata doce anos terán un agasallo se van disfrazados, figuran inscritos e soben ao escenario desfilando co disfraz. Haberá premios nas categorías infantil, individual, máis orixinal, parella, grupo, carroza e comparsa, aínda que as comparsas terán que ter polo menos 10 membros para poder participar, e o grupo un mínimo de 3 e un máximo de 9.
A selección dos gañadores realizarase mediante un xurado composto por persoal alleo ao Concello de O Pino e despois haberá unha gran festa con animación, xogos e música.

Tags: