Máis de 422.000 euros en novas infraestruturas e equipamentos

O pleno de Frades aprobou investimentos por importe de 422.425 euros en infraestruturas e equipamentos públicos municipais. Son os proxectos que se inclúen no Plan de Obras e Servizos (POS) e no Plan de Acción Social (PAS) promovidos pola Deputación Provincial.
En canto ao POS, os investimentos que se recollen teñen valor de 157.004 euros, distribuídos en dous iniciativas. A primeira, orzamentada en 91.531 euros, recolle a mellora do camiño desde Receá (Ledoira) ata Pontebrates (Añá), que será rebacheado e dotado de aglomerado, e o aglomerado da estrada AC-524 dende Abellá ata Caboladrón. A segunda iniciativa, cun orzamento de 65.473 euros, contempla a reparación dos accesos en varias parroquias como Gafoi, Ledoira ou Añá e un bacheo na pista que comunica a Camposa coa Chousa de Atrás (en Ledoira).

Plan de Acción Social
Con respecto ao PAS, o volume de fondos é de 265.421 euros distribuídos en catro proxectos. Entre outras cousas, contémplase o acondicionamento dos accesos ás areas recreativas das Virtudes e Augasantas, a mellora dos locais sociais das parroquias e a instalación dunha cuberta no CPI Ponte Carreira para acceder ao pavillón deportivo sen mollarse.

Tags: