Festa de disfraces no pavillón de Tordoia

O Concello de Tordoia programa unha festa para celebrar o entroido por todo o alto. Terá lugar o martes 9 de febreiro no pavillón municipal, que se encherá de nenos e maiores do municipio e dos concellos limítrofes que exhibirán os seus mellores traxes e disfraces.

Entre as actividades que organizará o goberno local atópanse obradoiros de artesanía, inchables e xogos populares, ademais de actividades de animación infantil, música e bailes. Para completar a tarde cun bo sabor de boca, ofrecerase a todos os presentes un chocolate quente con rosca, co obxectivo de recuperar forzas despois dunha tarde chea de xogos e festa.O pavillón abrirá a partir das 16.00 horas e os asistentes poderán disfrutar das actividades de animación, inchables e obradoiros ata as 20.00 horas. 

Tags: