Abre o prazo para a inscrición a Salamanca, Zamora e Sanabria

O Concello de Cerceda abre o prazo de inscrición para a excursión a Salamanca, Zamora, Toro, La Alberca e Puebla de Sanabria. Unha viaxe de tres días na que os participantes poderán descubrir os puntos máis recoñecidos e espectaculares destas cidades.

A excursión terá lugar os días 11, 12 e 13 de marzo e as solicitudes estanse a recoller no Concello desde o día 19 de xaneiro. O prezo é de 165 euros por persoa, con estancia nunha habitación dobre.Cerceda oferta, tamén, unha excursión dun día ás termas da Chabasqueira (Ourense). Será o día 4 de marzo, custa 22 euros e o prazo para anotarse comeza o vindeiro 3 de febreiro.

Tags: