Un 2016 cheo de actividades para as bibliotecas de Cerceda e A Silva

As bibliotecas de Cerceda e A Silva lanzan a súa programación de actividades lúdicas para este 2016. Ademais das tradicionais sesións de contacontos en inglés e outros idiomas, os dous centros contarán con representacións de teatro e outros espectáculos dirixidos ao público infantil.

O pasado 22 de xaneiro, O Gaiteiro Cabezudo ofreceu un concerto na biblioteca de Cerceda, e na Silva xa se preparan para o contacontos en lingua inglesa que terá lugar o vindeiro 19 de febreiro. Marzo será o turno do espectáculo de Raquel Queizás “Somos Iguais”, programado para o día 4 de marzo en Cerceda, e o teatro da compañía Trinke Trinke, na axenda do día 18.Iniciación á lecturaO 22 de abril está previsto que se celebre na biblioteca de Cerceda un espectáculo titulado “Nacer á lectura”, pensado para os nenos de 0 a 5 anos (Educación Infantil), que se están iniciando cos seus primeiros libros. O obxectivo do Concello é fomentar entre os rapaces da vila a paixón pola literatura.

Tags: