Enquisa:¿Qué le pedirías al próximo gobierno municipal?

Marina Langarón - Ribadeo:

 Le pediría una política de empleo activa, con cursos de formación para potenciar nuevas profesiones. Mayor seguridad para evitar robos y un un carril bici por el paseo al faro y para ir a los colegios e incentivar así la actividad física.

Marisol Yáñez - Viveiro:

A quen goberne en Viveiro pediríalle que o faga con xeito; que non medre máis a débeda que temos. Que xestionen os nosos cartos coma se xestionan nas casas, con máis celo. E que faliciten á xente atopar traballo.

Pamela Río - Foz:

Gustaríame que as cousas que se acordan de facer os dous últimos meses as repartisen ao longo dos catro anos de goberno. Tamén lle pediría que se comprometa co pobo e que cumplan aquelo que prometen nos mítines durante a campaña electoral.

Jesusa Vizoso - Celeiro:

Pediríalle ao novo goberno que no tema do tráfico se pensase máis nas persoas maiores. Eu son de Celeiro, veño co meu home a Viveiro andando moitas veces e botamos en falta algúns pasos de cebra para poder atravesar con seguridade.

Vicky - Foz:

A mí me gustaría que el próximo alcalde pensara más en la gente joven. Por ejemplo, podrían poner un cine porque ahora para ver una película tenemos que ir, como muy cerca, al de Ribadeo.

J. Carlos Pardo - A Pontenova:

Eu espero que amose maior entusiasmo e interese pola súa labor no Concello. E que, no caso de obter maioría absoluta, non aplique o chamado “rodillo”, é dicir, que  practique o diálogo e o consenso.

Moncho G. Basanta - Cervo:

Pediríalle a quen goberne que faga o posible por axudar a Sargadelos, que é un dos grandes valores do municipio; por fortalecer a empresa e tamén por recuperar o conxunto histórico artístico, porque está moi abandonado.

José B. Andrade - Foz:

En mi opinión, lo que debería hacer el próximo alcalde sobre todo es buscar trabajo para la gente porque ese es el problema más urgente que tenemos ahora mismo en el en municipio y en la zona. 

José María Bermúdez - Viveiro:

Pediríalle ao próximo gobernoque faga a presión que poda para que acaben o corredor dunha vez, que o prometeron para hai catro ou cinco anos. O problema é que Fraga levou a autovía para Vilalba e aquí seguimos incomunicados.