Os xenerais triunfan un ano máis

Touro viviu con intensidade outro entroido máis no que os protagonistas indiscutibles foron os xenerais da Ulla. Bama, Fonte Díaz e Fao foron as parroquias nas que fixeron parada os xinetes, para descargar toda a súa ironía en forma de batallas dialécticas.
En Bama o tema principal foi o independentismo catalán, nunha tarde chuviosa na que tamén tivo lugar a coñecida “Parranda”, formada por medio centenar de mozos da parroquia disfrazados.
O día 5 foi o turno da Feira do Entroido, o día grande destas festas en Fonte Díaz. Os xenerais atoparon un tempo excelente de sol brilante, que convertía as súas plumas en máis vistosas aínda. Aos xenerais sumáronse os veciños tourenses, desde os maiores ata os nenos do Punto de Atención á Infancia e do Colexio Público Fonte Díaz.

Fao pecha o Entroido
A Antroidada de Fao puxo o peche á festa no concello. A última batalla dos xenerais, tamén pasada por auga, centrouse nos problemas do goberno nacional, aínda sen constituír. O Enterro do Antroido foi o broche de ouro.

Tags: