A parroquia de Restande celebra a Festa da Corrida do Galo

Centos de veciños e veciñas da parroquia de Restande (Trazo) celebraron este mes, como cada entroido, a tradicional Festa da Corrida do Galo. Moitos deles acudiron ao campo da festa cos seus disfraces e gozaron dunha troula na que non faltaron os xogos e a diversión. Moitos tamén puideron xantar alí, grazas ao servizo de polbeira, e botar uns bailes coa actuación do dúo musical Alborada.

Tags: