Trofeo de ciclismo en O Pino

O domingo 28 de febreiro celebrarase en O Pino a terceira edición do Trofeo de Ciclismo do Concello de O Pino, unha proba da Federación Galega de Ciclismo organizada polo Clube Ciclista Asociación Galega de Ciclistas e que formará parte da I Challenge de Ciclismo CCAGC. As probas disputaranse nas categorías Máster 30, Máster 40, Máster 50 e 60 e realizaranse sobre un percorrido de 69,2 km a partir das 10:30 horas da mañá. Esta proba será puntuable para a I Challenge de Ciclismo CCAGC, a cal constará de tres probas (a de O Pino, unha en Touro e outra na Estrada) nas cales se poderá participar de forma independente en cada unha delas.

Tags: