O goberno orosán apoia aos traballadores de Pellejero

O Concello de Oroso amosou o seu apoio aos traballadores de Transportes Pellejero e hijos S.L., concesionaria do transporte de residuos de Sogama, e insta a esta última a buscar unha solución que garanta a continuidade dos postos de traballo. Así llo confirmaron Vanesa Boo, alcaldesa en funcións, e Antonio Leira, concelleiro de Limpeza Viaria, aos representantes dos traballadores de Pellejero, Manuel Regueiro e Ignacio Pavón.
Vanesa Boo transmitiulles a preocupación da corporación local pola situación que lle comunicaron os empregados, “xa que están en xogo 69 postos de traballo na comarca, moitos deles de familias de Oroso. Consideramos que unha empresa pública como é Sogama debería escoitar aos traballadores e garantir tanto os empregos como as condicións laborais dos mesmos”.

Respecto
Antonio Leira lembrou que “o Concello de Oroso caracterízase polo seu absoluto respecto aos dereitos dos traballadores, como demostra a inclusión de cláusulas nos pregos de concesións das adxudicacións de servizos”. Pola súa banda, os representantes dos traballadores informaron a Boo e Leira de que a partir do 15 de febreiro comezarían unha folga indefinida e o 21 de febreiro terían unha asemblea.

Tags: