Homenaxe a un xenio da veterinaria

O autor orosán Diego Conde Gómez vén de presentar o seu traballo sobre un auténtico revolucionario da veterinaria galega: Juan Rof Codina. Conde elaborou un traballo sobre a innovadora labor de Rof Codina, que transformou as bases da veterinaria, co que acaba de gañar o Premio Jesús García Calvo —que convocan o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC e a Fundación Feiraco para recoñecer investigacións que contribúan ao coñecemento e desenvolvemento do medio rural en Galicia—.
“Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e a gandaría galega contemporánea” é o primeiro libro de Diego Conde, unha obra que presentou en Sigüeiro este mes. Ten publicado, ademais de numerosos artigos en torno á historia da gandaría, outros traballos en obras colectivas.

Tags: