O Concello solicita á Xunta dous novos obradoiros de emprego

O pleno municipal acordou por unanimidade solicitar á Consellería de Economía, Emprego e Industria dous obradoiros de emprego novos para desenvolver conxuntamente co Concello de Frades. As execucións previstas en Ordes serían as obras nas unitarias de Santa Cruz de Montaos e Buscás, o parque Pilar Martínez Viqueira, o edificio da estación da Pontraga e o acondicionamento de espazos verdes. Conxuntamente entre os dous concellos está previsto un investimento que supera os 700.000 euros.

Tags: