Éxito da primeira master class de zumba

Os ordenses amantes da zumba estiveron de noraboa o pasado domingo 28, grazas á primeira master class desta disciplina aeróbica organizada polo Concello de Ordes.

Con carácter benéfico —recadáronse máis de 1.300 euros para a xunta local da Asociación Española contra o Cancro e máis de 500 quilos de alimentos para Cáritas Ordes—, a cita congregou a preto de 200 persoas no pavillón Castelao, que gozaron bailando ás ordes da monitora Noelia Moledo.

O comercio local e diversas firmas do sector implicáronse para facer desta convocatoria, na que tamén houbo sorteo de regalos, un verdadeiro éxito.

Tags: