Clausurado o obradoiro Terras de Trastámara

O delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, foi o encargado de clausurar o obradoiro de emprego "Terras de Trastámara" xunto ao alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, o alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro de Traballo de Trazo, José Manuel Castiñeiras. Antes de entregar os diplomas Calvo destacou o papel que este tipo de obradoiros xogan en materia de formación e na búsqueda de emprego.
A edil de Traballo de Ordes, Susana García, solicitou a Calvo unha nova axuda para poñer en marcha outro obradoiro conxunto entre Ordes e Frades que pretende recuperar, no concello ordense, lugares como as unitarias de Montaos e Buscás, o parque Pilar Martínez Viqueira, o edificio principal da estación da Pontraga e o acondicionamento de espazos verdes.
O obradoiro de Trastámara comenzou en setembro e durante este tempo leváronse a cabo traballos de rehabilitación na casa reitoral de Santa María de Chaián, en Trazo; no local sociocultural da rúa Galicia, en Ordes; e nos locais sociais das parroquias de Ledoira e Papucín, en Frades. O obradoiro, no que a Xunta investiu máis de 178.000 euros, foi impulsado polos tres concellos e formou a vinte alumnos e alumnas destes municipios en sectores como a albanelería, pintura decorativa en construción, actividades auxiliares en vivieiros, xardíns e centros de xardinería.

Tags: